A subdelegada do Goberno en Pontevedra mantén a primeira reunión de traballo coa Plataforma de Afectados de Paramos

Imagen de la reunion

19/09/2018


Maica Larriba informoulles da situación dos catorce expedientes aos que falta algunha documentación para as axudas de emerxencia


A Subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, mantivo hoxe, no seu despacho, unha xuntanza de traballo cos voceiros da plataforma de afectados pola explosión de Paramos en Tui, tal e como comprometérase na visita co Delegado do Goberno a zona cero a pasada semana.

Nesta primeira xuntanza, que durou máis de tres horas, os representantes da veciñanza plantexaron unha serie de dúbidas e consultas que teñen sobre o proceso que está a desenvolver o Goberno tras a declaración de zona afectada gravemente por emerxencia de Protección Civil polo consello de ministros do sete de setembro. Entre elas están a exención fiscal das axudas para a rehabilitación das súas vivendas e o desentullo da zona afectada.

Pola súa banda, Maica Larriba transmitiulles a implicación total da Subdelegación de Pontevedra para acadar ambos os dous obxectivos e volveu a poñer en valor a importancia e a rapidez do acordo do consello de ministros tendo en conta que se trata de nove ministerios implicados.

Tamén informoulles da situación de catorce expedientes que se tramitan na dependencia periférica do Goberno na provincia das axudas correspondentes a Protección Civil. Na maioría dos casos os expedientes teñen carencias de certa documentación das que foron informados para que podan facer de interlocutores cos afectados para pedirlles a presentación da totalidade da documentación.  Recordar que a Subdelegación xa remitiu ao ministerio do Interior os 27 expedientes restantes que si tiñan toda a documentación requirida.

Neste senso, Larriba pediulles os voceiros da plataforma, que informen os veciños e veciñas e os asesoren para que presenten os documentos que fallan que na súa maioría dependen dos servizos municipais.

A Subdelegada valorou esta xuntanza como “moi positiva” e que “nos permite abrir unha canle directa de comunicación cos veciños e veciñas de Paramos que son a nosa maior preocupación para que no menor tempo posible podan recuperar as súas vidas con normalidade”.

Por último, Maica Larriba subliñou que “está é a primeira das xuntanzas pero ao longo dos próximos días manteremos as que sexan necesarias para garantir que a información chegue directamente aos implicados. As portas desta Subdelegación sempre van a estar abertas para os veciños e veciñas de Paramos e, que non teñan a menor dúbida, que cada un dos funcionarios desta casa están ao seu servizo como o está a Subdelegada".