Isabel Rodríguez anuncia a expropiación de terreos en Lugo e Sarria para a supresión de pasos sobre a vía do tren

Imagen archivo de la subdelegada

26/11/2020

 Mañá ábrese o prazo de quince días para a presentación de alegacións


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deu conta hoxe de novos avances por parte de Adif para a mellora do ferrocarril na provincia, neste caso para aumentar a seguridade co proxecto de  supresión de pasos a nivel nos concellos de Lugo e Sarria.

 

Rodríguez informou de que Adif avanza no proxecto para a supresión de pasos a nivel existentes nas liñas León-A Coruña e Ourense-Monforte-Lugo ao seu paso polos devanditos concellos. Para executar este proxecto, será necesaria a expropiación de distintos bens e servizos que se relacionan en tres anuncios que publica hoxe Adif no Boletín Oficial do Estado.

 

Concretamente, trátase das relacións de bens e servizos afectados polo proxectos para a supresión dos pasos a nivel dos ppkk 428/980, 429/811 e 430/407 da liña León-A Coruña, no municipio de Lugo, e do paso existente no pk 389/948 da liña Ourense-Monforte-Lugo, no municipio de Sarria.

 

O período de información pública será de quince días hábiles e a documentación de expropiacións pode examinarse na Subdelegación do Goberno, na Subdirección de Pasos a Nivel de ADIF, en “Información Pública do Portal de Transparencia da web de ADIF (www.adif.es) e tamén nos concellos de Lugo e Sarria, segundo o caso.

 

Para a presentación de alegacións, poderá facerse uso do Rexistro Electrónico Xeral da Administración Xeral do Estado a través da seguinte dirección: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do