Pilar López-Rioboo exhorta aos concellos da Coruña a integrarse activamente no sistema Vioxén de loita contra a violencia machista

Pilar López-Rioboo exhorta aos concellos da Coruña a integrarse activamente no sistema Vioxén de loita contra a violencia machista

23/11/2020

A subdelegada do Goberno na Coruña presidiu a Comisión Provincial de Coordinación en Materia de Violencia de Xénero


A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, presidiu hoxe a Comisión Provincial para a Coordinación en Materia de Violencia de Xénero, integrada por diversos organismos da Administración do Estado, na que se analizaron algúns dos datos relativos á loita contra a violencia machista e profundizouse na adecuada coordinación entre os diferentes estamentos implicados no desenvolvemento das políticas de igualdade.

A comisión, que se reuniu de maneira telemática, contou coa participación das responsables das unidades contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno na Coruña e a Delegación do Goberno en Galicia, representantes da oficina de Estranxería da Coruña, Garda Civil, Corpo Nacional de Policía, Policía Nacional Adscrita á Comunidade Autonómica, centro penitenciario de Teixeiro e centro de inserción social da Coruña.

O obxectivo da reunión foi incidir no establecemento da adecuada coordinación, colaboración e comunicación entre os órganos da Administración Xeral do Estado con competencias en materia de violencia de xénero, para o que se  profundizou na análise da problemática existente na provincia, as dinámicas de seguimento e protección das vítimas para adaptalas ás necesidades e situacións reais, asi como traballar na coordinación das accións dos distintos órganos representados na comisión.

 

DENUNCIAS,O 016 E CASOS ACTIVOS

A comisión analizou neste sentido as estadísticas correspondentes ao que vai de ano, tendo en conta ademáis que os datos están supeditados ao período de confinamento existente nos meses de marzo, abril e maio. En 2019 producironse na Coruña 2.788 denuncias das 6.551 que se rexistraron en Galicia, mentres que a 30 de xuño de 2020 contabilizabanse 1.225 denuncias na provincia, 200 menos que as existentes no mesmo período de 2019.

Hai que ter en conta que no primeiro semestre o número de denuncias baixou un 26,5% respecto aos seis primeiros meses do 2019, o que supuso 216 denuncias menos.

Polo contrario, o número de chamadas ao 016 incrementouse alrededor dun 40%, como consecuencia do confinamento. En 2019 houbo un total de 1.243 e nos primeiros nove meses deste ano o número é de 1.188. O incremento debese a dous motivos fundamentais: o 016 foi o instrumento principal utilizado polas mulleres durante o confinamento e á posta en funcionamento dun servizo de whatsap vinculado ao 016 e cuxos teléfonos son 682916136 e  682508507, que inclue atención emocional e apoio psicolóxico ás vítimas.  

Hai que lamentar tamén que na actualidade hai na provincia da Coruña un total de 1.703 casos activos de violencia de xénero. Ningún está considerado de risco extremo e son catro os de risco alto.

Con estas cifras, Pilar López-Rioboo asegura que “queda moito por facer e non temos que olvidar que detrás de cada cifra, de cada estadística, hai mulleres e menores que sofren as consecuencias do machismo máis repulsivo. Non falamos de números, falamos de persoas que ven a súa vida amenazada”, sinala.

Estas circunstancias obrigan ao Executivo a redobrar os seus esforzos, tal coma ven facendo estos anos, nos que desde a Subdelegación do Gobierno impulsouse a creación e constitución de novas mesas de coordinación nos concellos da provincia.

 

SISTEMA VIOXEN

“É unha obriga para o Goberno que seamos capaces de avanzar nas políticas de igualdade, na protección e na prevención das vítimas”, indicou Pilar López-Rioboo, que recordou que desde la celebración en xuño de 2019 dunha anterior Comisión Provincial de Violencia de Xénero, finalizou o proceso de creación de novas mesas locais de coordinación nos concellos de Arzúa, Bergondo, Cee, Corcubión, Fisterra, Vimianzo, Muxía e Dumbría; á vez que se activaron e están en proceso de constitución as de Camariñas, Brión, Narón, Teo, Ferrol, A Pobra, Rianxo, Coruña , Culleredo e As Pontes.

En total, son 36 as mesas locais de coordinación funcionando ou en proceso de activación e nova creación, englobando a un total de 40 municipìos da provincia. En xuño de 2018 eran 14 os concellos da provincia que contaban con mesa local de coordinación activa, polo que se conseguiu case triplicar esta cifra.

En canto á incorporación das policías locais ao sistema Vioxén, eran tres os concellos plenamente integrados (Arteixo, Cambre e Oleiros), aínda que había outros cinco adheridos pero sen que as súas policías locais realizasen os seguimentos das vítimas, de tal maneira que non se podían considerar operativos, como eran os casos de Carballo, Cerceda, Ferrol, As Pontes e Vimianzo.

Carballo, Ferrol, As Pontes e Vimianzo xa renovaron a súa adhesión e o outro está en proceso de renovación, mentras que nestes dous últimos anos incorporaronse a este sistema Vioxén outros oito concellos: Ames, Teo, A Coruña, A Laracha, Santiago, Rianxo e Muxía, estando a punto de facelo tamén A Pobra.

Desta maneira quintuplicarase o número de municipios encadrados no sistema que permite unha maior coordinación das forzas de seguridade para a loita contra a violencia de xénero, pasando de tres a 16 en apenas dous anos.

Malia estas cifras, a subdelegada fai un chamamento aos concellos que aínda non se integraron no sistema Vioxen a integrarse coas súas policías locais xa que son precisamente eles quen máis cerca están das vítimas e quen mellor coñecen o territorio.

Por outra parte, desde a Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno informouse na comisión dos últimos estudos feitos pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, con datos especialmente preocupantes. Por exemplo, segundo unha entrevista feita a 9.568 mulleres detectase que a metade das mulleres en España sufriron violencia ao longo da súa vida, e decer; 11.688.411 mulleres, e unha de cada cinco a sufriron nos últimos doce meses, un total de catro millóns de mulleres.

Outros datos desta enquisa revelan que o 40 por cento das mulleres sufriron acoso sexual nalgún momento da súa vida e delas o 35 por cento foi por un amigo ou coñecido.

Un segundo estudo analizou a violencia de xénero no mundo rural, con entrevistas feitas en sete comunidades autónomas, entre elas Galicia. Neste ámbito as personas perciben a violencia como unha cuestión familiar e privada máis que coma un problema social e estructural. De feito, case todas as mulleres entrevistadas permaneceron nas relacións de maltrato durante unha media de 20 anos. Só o 40 por cento afirmaron coñecer os dereitos que teñen como vítimas.

E un tercer estudo analizou o comportamento dos menores sobre a violencia de xénero. Entre outros datos, un de cada catro adolescentes afirmaron ter coñecemento de actitudes de violencia de xénero contra a súa nai, e o 13 por cento das rapazas de entre 14 e 18 anos indicaron que o seu noivo a controlaba a través do móbil.