Isabel Rodríguez recoñece a adicación e servizo do persoal dos centros penitenciarios de Lugo nun ano marcado pola pandemia da Covid-19

Isabel Rodríguez recoñece a adicación e servizo do persoal dos centros penitenciarios de Lugo nun ano marcado pola pandemia da Covid-19

24/09/2020

A subdelegada do Goberno presidiu o acto de conmemoración na provincia do Día da Merced, festividade das institucións penitenciarias

Isabel Rodríguez recoñece a adicación e servizo do persoal dos centros penitenciarios de Lugo nun ano marcado pola pandemia da Covid-19


A subdelegada do Goberno presidiu o acto do Día da Merced no que se se entregaron nove condecoracións a persoal dos centros penitenciarios lucenses

A subdelegada apuntou que grazas ao comportamento do persoal e dos internos e internas conseguiuse seguir avanzando na reinserción a pesar da situación excepcional

O Ministerio do Interior concedeu unha mención honorífica pola súa traxectoria de cerca de 40 anos ao educador José Peña


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe o acto de conmemoración na provincia do Día da Merced, festividade das institucións penitenciarias. A celebración tivo lugar excepcionalmente na Subdelegación do Goberno e a ela asistiron os directores dos Centros de Bonxe, José Manuel Pernás, e o de Monterroso, Antonio Rivera.
 
Na súa intervención, Isabel Rodríguez fixo un recoñecemento público da adicación e profesionalidade coa que actuou o persoal dos centros penitenciarios da provincia nestes últimos meses, marcados pola pandemia da Covid-19. A subdelegada agradeceu o esforzo das traballadoras e os traballadores para seguir avanzando na tarea de reinserción dos internos e das internas, obxectivo do traballo penitenciario en España, a pesares das restriccións sanitarias e da suspensión de visitas e servizos de voluntariado.
 
A subdelegada destacou o traballo pedagóxico das funcionarias e os funcionarios cara aos internos para trasladarlles as medidas sanitarias e a evolución da situación de alarma, así como o comportamento dos internos e internas dos centros lucenses que permitiron garantir un funcionamento normal dos mesmos, dentro da excepcionalidade.
 
Condecoracións
 
Durante o acto entregáronse as condecoracións ao mérito penitenciario a persoal dos Centros de Bonxe e Monterroso, aprobadas polo Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias do Ministerio do Interior. En concreto impuxéronse nove das dez condecoracións concedidas polo Goberno.
 
Este ano foron condecorados coa Medalla de bronce un funcionario de vixilancia CP de Bonxe, un funcionario do corpo de Enfermeiros do CP de Bonxe e un técnico de cociña do CP de Monterroso. Ademáis entregáronse cinco mencións por 25 anos de servizo a persoal do CP de Bonxe e unha en Monterroso. Por último, a Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias do Ministerio do Interior concedeu unha mención honorífica a José Peña, educador do CP de Bonxe, destacando os 38 anos de servizo activo a prol do convivencia pacífica dos internos.