A subdelegada do Goberno en Pontevedra subliña a boa coordinación de Garda Civil e Concello de Cambados para abordar a situación do cuartel

Imaxe da reunión

22/10/2019


Maica Larriba recordou que o Ministerio de Interior abordará a construción dunhas novas instalacións para a Benemérita no mesmo emprazamento do actual


A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, subliñou a boa coordinación e colaboración da Garda Civil, concello de Cambados e Deputación de Pontevedra para buscar unha rápida solución aos problemas das actuais instalacións da Benemérita na localidade.

Larriba recordou que os problemas estruturais das actuais dependencias foron descubertas tras as obras de adecuación que realizaba la Deputación, tras a firma dun convenio coa Garda Civil. Dende ese momento e tras unha inspección do servizo de arquitectura do instituto  armado decidiuse que se tiña que buscar unha localización alternativa mentres se procede a construción dun novo inmoble.

Hoxe mesmo e, tras unha xuntanza no concello entre a Garda Civil, alcaldesa e subdelegada do Goberno, decidiuse que de xeito temporal as dependencias da Garda Civil se trasladen ao centro social de A Merced, que foi ofrecido por, Fátima Abal. Este traslado farase á máxima brevidade unha vez que se rubrique polo concello e a Garda Civil un protocolo de cesión de uso de este inmoble.

Pola súa banda, Maica Larriba anunciou que o Ministerio do Interior acometerá a maior brevidade a construción dunhas novas dependencias para o instituto armado no mesmo solar con que conta agora en Cambados. “A inversión vai ser cercana aos seis millóns de euros e cunha capacidade futura para acoller a preto de cen efectivos entre os servizos de intervención de armas, Seprona, Violencia de Xénero ou policía xudicial, entre outros”, recordou a subdelegada.

Larriba quixo transmitir  agradecemento  tanto á Deputación de Pontevedra pola súa eficacia á hora de comunicarnos os problemas detectados nas actuais instalacións e, sobre todo, da súa presidenta que inmediatamente se puxo a disposición para todo aquilo en que puidese colaborar; a disposición da alcaldesa, Fátima Abal, para a procura dunha alternativa; e, por suposto ao coronel da comandancia, Simón Venzal e o seu tenente coronel, Manuel Touceda pola súa rapidez en afrontar este problema e lograr o que hoxe aquí estamos a avanzar”.

A subdelegada concluíu que con esta solución temporal e a construción do novo cuartel a Garda Civil manterá a súa presenza en Cambados e en toda a comarca do Salnés.