A subdelegada do Goberno en Pontevedra destaca o avance nas novas tecnoloxías e o Big Data na investigación policial

Imaxe da presentación

27/09/2019


Presenta o novo vehículo iZeta na Comisaría de Vigo-Redondela acompaña pola Comisaria Provincial, Estíbaliz Palma e Comisario Xefe de Vigo, Luís Gallego

O IZeta é un radiopatrulla equipado coa última tecnoloxía

Supón a primeira fase de implantación do novo modelo de acción policial, impulsado desde a Dirección Xeral de Policía


A subdelegada do Goberno en Pontevedra acudiu esta mañá ao acto de recepción do novo vehículo iZeta co que contará, a partir de agora, a comisaría de Vigo-Redondela. Acompañada do comisario Luís Gallego e a Comisaria Provincial, Estíbaliz Palma, puido comprobar as prestacións que supón esta primeira fase na implantación dun novo modelo de patrullaxe, transformándose en oficinas móbiles capacitadas para realizar trámites que antes necesitaban ser efectuados en postos fixos.

Maica  Larriba sinalou “o avance cualitativo que vai significar para a comisaría de Vigo este novo instrumento que en tempo real vai poder controlar todo o que ocorra ao seu ao redor, sendo unha mellora moi importante para a investigación en mans da policía”. Ademais quixo facer fincapé na posibilidade de achegar os servizos da propia comisaría “a nivel da rúa e en calquera punto da cidade, o que tamén se traduce nun claro beneficio para os veciños e veciñas de Vigo”.

Este vehículo é un dos dez primeiros que se puxeron en marcha en España e completarán unha frota de máis de 160 que quedarán repartidos en todo o territorio nacional, nunha segunda fase posterior. Os  iZetas están dotados dunha tecnoloxía que permite a  interoperatividade entre eles, con outros corpos de seguridade do Estado e coas bases policiais, de forma que os axentes poderán realizar trámites in situ, garantindo a cadea de custodia e o cumprimento lexislativo.

Finalmente,  Larriba quixo destacar un día como hoxe que “esta nova incorporación de coches  mediambientalmente respectuosos está en sintonía co compromiso do actual goberno de España e na súa aposta polas políticas activas de defensa do medio ambiente”.