O subdelegado do Goberno destaca que os Orzamentos do Estado para este ano dan resposta as grandes demandas da Comarca de Valdeorras

O subdelegado do Goberno destaca que os Orzamentos do Estado para este ano dan resposta as grandes demandas da Comarca de Valdeorras

01/02/2019


Emilio González considera que coas contas, tal e como están programadas, comézanse a facer realidade comunicacións por esta comarca adaptadas aos novos tempos

O subdelegado lembra aos que critican a dotación para a circunvalación de Valdeorras que “nos últimos tres anos programaron 24,5 M de euros a esta obra e nin sequera foron quen de licitala”


O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, destacou que o proxecto de orzamentos do Estado para este ano da resposta ás demandas da comarca de Valdeorras, con investimentos directos en infraestruturas que se achegan aos 2,8 millóns de euros.

O subdelegado repasou as cifras do Goberno para esta comarca, que encabezan os 2 millóns de euros para a circunvalación de O Barco de Valdeorras. Ao respecto desta actuación, que vén de ser licitada polo Ministerio de Fomento, o subdelegado lembrou que foi agora cando se conseguiu iniciar a contratación dunha obra que contaba co proxecto aprobado desde o ano 2016: “aos que critican a dotación dos PGE2019 deberían recordar que programaron 24 millóns nos últimos tres anos e non foron quen de colocar un metro de asfalto, nin tan sequera licitala”.

 

Emilio González explicou que os orzamentos previstos para este ano apostan pola mellora da mobilidadade viaria desta comarca do noreste ourensán. O subdelegado do Goberno valorou a oportunidade que se abre coas contas programadas, que permitirán dotar a esta zona estratéxica dunha vías de comunicación adaptadas aos novos tempos, “alonxando dos centros urbanos as mercadorías e permitindo ter vilas máis habitables”. A este respecto destacou que os PGE2019 garanten a redacción dos proxectos dos tramos da A-76 ao seu paso por esta comarca así como da remodelación do enlace da Rúa coa N-120, “unha actuación con anos de agarda e co proxecto tamén finalizado”.

Por último, a mobilidade por estrada tamén se mellorará co proxecto de rehabilitación do firme nas estradas N-120 e N-536 ao seu paso polos Concellos de Rubiá, O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Vilamartín, A Rua e Larouco, cun importante orzamento de 525.420 euros.