O subdelegado do Goberno en Ourense destaca que os orzamentos do Estado na cidade de Ourense apostan pola mobilidade, a cultura e os servizos públicos

O subdelegado do Goberno en Ourense destaca que os orzamentos do Estado na cidade de Ourense apostan pola mobilidade, a cultura e os servizos públicos

29/01/2019


Emilio González destaca as partidas para as conexións ferroviarias e de estradas, que fortalecen a posición de Ourense como punto neurálxico da comunicación entre a costa e a Meseta

O subdelegado celebra o compromiso coa chegada do AVE á cidade, que se reflexa nuns orzamentos “reais e non contas de “fume” como as de anteriores anos”

Lembra que a variante norte poderá ser licitada este ano, pois computaría na vindeira anualidade, que dispón de crédito presupostado


O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, destacou o peso que nos orzamentos de 2019 ten a cidade de Ourense, cunha previsión de investimentos directos de 24,6 millóns de euros. Deste montante global, 6,16 M adicaranse en exclusiva á cidade, mentres que o resto se comparte con concellos limítrofes, como a variante ferroviaria de Ourense ou a mellora da autovía A-52.

O subdelegado do Goberno repasou as cifras do Goberno para a cidade de Ourense lembrando que estes orzamentos son os que “farán posible a chegada en tempo e forma da alta velocidade á cidade” e que este ano se traducirá nunha reducción horaria do traxecto con Madrid a 3 horas y 30 minutos e, no próximo, a 2 horas e 15 minutos. González lembrou que non só se destinarán máis de 250 millóns para o tramo Zamora-Ourense, senón tamén os importes suficientes para a integración do tren na cidade. Deste xeito, os 18 millóns de euros consignados para o tramo Taboadela-Ourense garantirán o iniciar actuaciones nesta Variante de Ourense (redacción de los proyectos) así como na estación.

A mobilidade por estrada tamén se impulsará polos avances na conca ourensá da A-56 e a mellora da autovía A-52 nun amplio tramo no que se incluén os kilómetros que pasan pola cidade. Ao respecto da autovía a Lugo, o subdelegado lembrou que, “tal e como anunciou o delegado do Goberno, se poderá licitar este ano a variante norte, pois computaría nos orzamentos do ano 2020, nos que conta con dotación económica”.

Emilio González insistiu en que os orzamentos de 2019 suporán a consolidación de Ourense como punto neurálxico de comunicación entre o litoral de Galicia e a Meseta, “gracias a unhas contas reais, que buscan ante todo garantir unha execución certa e non ser simplemente contas de “fume”, como as que orzamentaron gobernos anteriores para a cidade”.

APOSTA POLA CULTURA

O subdelegado do Goberno destacou que o 2019 será ano chave para as obras do Complexo Cultural de San Francisco, integrado pola Biblioteca, o Arquivo Provincial e o Museo Arqueolóxico. Os orzamentos reservan 1,1 millóns de euros para dotar as dúas primeiras instalacións e para iniciar as obras da última. Afonso lembrou que este pasado ano conseguiuse desbloquear a obra do Museo Arqueolóxico que “con esta dotación orzamentaria poderá iniciar a súa remodelación”. “O 2019 será o ano no que os cidadáns desta cidade poderán beneficiarse dunha dotación cultural única en España pola que levan agardando máis dunha década”, engadiu.

APOSTA POLOS SERVIZOS

Os Presupostos do Estado para este ano tamén garantizarán mellores servizos para os ourensáns. Emilio González enmarca nesta aposta do Goberno as partidas destinadas á rehabilitación da Praza de Abastos (2.362.470) e á construcción da nova sé da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (2.700.000). “Falamos de actuacións moi demandadas, que teñen tamén un percorrido longo, e polas que o Goberno aposta fortemente nestes orzamentos”, explicou o subdelegado.