Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo: “Os Presupostos de 2019 están feitos para mellorar a vida das persoas máis vulnerables”

 Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo: “Os Presupostos de 2019 están feitos para mellorar a vida das persoas máis vulnerables”

16/01/2019


A subdelegada do Goberno destaca que a provincia de Lugo benefíciase dunha suba do 18% nos investimentos en obra pública nuns Presupostos “feitos con realismo e sensatez, non para mentirlle aos lucenses”

Isabel Rodríguez explica que “estes Presupostos son unha boa noticia para Lugo, supoñen unha gran esperanza para as persoas que máis sofriron os recortes do PP e demostran que este Goberno aposta pola recuperación do Estado do Benestar”


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, asegurou hoxe que “os Presupostos de 2019 están feitos para mellorar a vida das persoas máis vulnerables, demostran o compromiso social deste Goberno e axudarán aos lucenses con menos recursos económicos”.

Isabel Rodríguez destacou que “nas contas do Estado para 2019, o Goberno dálle prioridade aos pensionistas, os desempregados, ás mulleres maltratadas ou aos bolseiros, para acabar cos recortes que sufriron durante os anos que gobernou o PP”.

A subdelegada explicou que a provincia de Lugo tamén resulta beneficiada nos investimentos previstos en obra pública pois os Presupostos do Estado para 2019 inclúen unha suba do 18,1% nas partidas para investimento real do ministerio de Fomento, que se sitúan en 62,22 millóns de euros, aos que hai que engadir o investimento de outros ministerios como o de Transición Ecolóxica con 6,6 millóns para obras en saneamento, depuración e protección da costa.

O investimento real en melloras do ferrocarril medra un 96,1% ao pasar de 8,87 millóns de euros a 17,41 millóns cos que Adif atenderá actuacións de renovación e electrificación da liña entre Monforte e Lugo. O investimento real en estradas é de 43,45 millóns de euros. O Presuposto inclúe partidas para as autovías A-54, A-56, A-74 e A-76, ademais de 26 millóns de euros para a conservación de estradas, así como 9,4 millóns para adecuación dos túneles ao RD 635/2006 sobre seguridade e 5 millóns de euros para medios antiniebla na A-8.

Neste sentido, Isabel Rodríguez declarou que “están feitos con sensatez e realismo, para garantir o bó estado as infraestruturas que xa temos, ampliar as que nos faltan, vertebrando o conxunto da provincia e, sobre todo, estes son uns Presupostos deseñados para ser executados, non para mentirlle aos lucenses”.

“Estes Presupostos son unha boa noticia para Lugo, supoñen unha gran esperanza para as persoas que máis sufriron os recortes do PP e demostran que este Goberno aposta pola recuperación do Estado do Benestar”, concluíu a subdelegada.